Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 6 de xullo de 2015 Páx. 28038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 19 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se notifica o interesado para que acredite a representación no recurso de alzada interposto contra a Resolución da Xefatura Territorial de Ourense do 30 de setembro de 2013 en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio para que acredite a representación no recurso de alzada interposto contra a Resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Ourense do 30 de setembro de 2013, en materia de xogo.

De acordo co disposto nos artigos 32 e 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o interesado deberá achegar a dita representación, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ao seguinte enderezo:

Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Indicáselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se lle terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado, en aplicación do dito artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Expediente: Resolución do 30 de setembro de 2013 de extinción da autorización de instalación e localización O35145B (HO0730024-24/13).

Recorrente: Recreativos Poli, S.L.

Acto de notificación: requirimento de acreditación da representación no recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente anteriormente citado.

Último domicilio coñecido: rúa Pena Trevinca, nº 31-1ª dereita, 32005 Ourense.