Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28337

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2015, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 22 de xuño e 1 de xullo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 18 de febreiro de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 38, do 25 de febreiro), modificado polas ordes do 11 de marzo de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 19 de marzo) e do 10 de abril de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 69, do 14 de abril), polas que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas 8, 21, 47, 54, 64, 67 e 80. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 101, 102 e 103.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.2.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10 puntos). Para estes efectos, fíxase en 36 o número de respostas correctas precisas para acadar dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas, no lugar onde se realizou a proba, no taboleiro de anuncios do Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.3.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Jorge José Delgado Martín
Presidente do tribunal