Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28332

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de xuño de 2015 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 13 de febreiro de 2015 pola que se aproban as bases e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do programa comunitario de mobilidade Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2014/15.

Mediante a Orde do 13 de febreiro de 2015 (DOG do 25 de febreiro), convocáronse axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2014/15, e aprobáronse as bases desta convocatoria.

De acordo co establecido no artigo 10 desta convocatoria, as solicitudes foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria a cal acordou a exposición das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, e as persoas interesadas puideron formular, durante un prazo de dez (10) días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Rematado este prazo, e de acordo co establecido no artigo 11 das bases da convocatoria, e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Artigo 1

Concederlle axudas de mobilidade complementarias, no marco do programa comunitario Erasmus+, ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que se relaciona no anexo I desta orde e pola contía que se especifica.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada pola persoa interesada, unha vez presentado o anexo II (declaración responsable do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas coma as pendentes de resolución para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia).

Denegarlles axudas de mobilidade complementarias, no marco do programa comunitario Erasmus+, ás persoas solicitantes que se relacionan no anexo II desta orde polos motivos especificados.

Artigo 2

O incumprimento total ou parcial, por parte das persoas beneficiarias, de calquera das condicións establecidas na Orde de convocatoria do 13 de febreiro de 2015 (DOG do 25 de febreiro), e nesta orde, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polas persoas beneficiarias ou solicitantes, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Apelidos

Nome

Centro

Contía adxudicada

Alba Salgueiro

Luis Benito

CMUS Superior da Coruña

274,63 €

Alonso Domínguez

Hugo

EASD Mestre Mateo

1.158,60 €

Alonso Fernández

Alba

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

926,88 €

Arregui García

Isabel Emilia

CMUS Superior da Coruña

926,88 €

Carbajo Area

Antía

EASD Pablo Picasso

514,93 €

Castelo Mejuto

Patricia

EASD Pablo Picasso

514,93 €

Castro Álvarez

José

CMUS Superior de Vigo

1.029,87 €

Costa Bujeiro

Rubén

EASD Ramón Falcón

308,96 €

Da Silva Cordeiro

Dayane Joserle

EASD Pablo Picasso

514,93 €

Díez Polo

Eloy

EASD Mestre Mateo

343,29 €

Domínguez Pérez

María

CMUS Superior da Coruña

617,92 €

Fernández Gutiérrez

Camila

CMUS Superior de Vigo

926,88 €

Francescutto Miró

Adriana

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

643,67 €

García Aramburu

Laura

CMUS Superior de Vigo

772,40 €

Gestal Couso

Sara

CMUS Superior da Coruña

274,63 €

Gómez González

Alba

EASD Antonio Faílde

514,93 €

González Robles

Ruth

EASD Antonio Faílde

1.158,60 €

Klaversteijn Rodríguez

Paula

EASD Antonio Faílde

514,93 €

Lemos Vázquez

Gonzalo

CMUS Superior de Vigo

617,92 €

López Valiñas

Lorena

EASD Antonio Faílde

343,29 €

Marcos Tejedor

Clara

CMUS Superior da Coruña

617,92 €

Martín Martín

José María

CMUS Superior de Vigo

926,88 €

Martínez Fernández

Marina

EASD Mestre Mateo

643,67 €

Muñíz Hermo

Elsa

CMUS Superior de Vigo

617,92 €

Nevado Laguna

Laura

Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia

617,92 €

No Cortiñas

César

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

514,93 €

Otero Ogando

María Jesús

EASD Antonio Faílde

643,67 €

Oubel Castro

Idalia Mariña

EASD Mestre Mateo

617,92 €

Pombo Parada

Eva

EASD Ramón Falcón

308,96 €

Prieto González

Diego

EASD Mestre Mateo

1.158,60 €

Ramil Sanders

Carolin

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

926,88 €

Rico Repiso

Isabel

CMUS Superior da Coruña

617,92 €

Rodríguez Lomba

Nerea

EASD Pablo Picasso

514,93 €

Sánchez Rebollido

Jessica

CMUS Superior de Vigo

926,88 €

Segura Ardévol

Xavier

CMUS Superior de Vigo

1.158,60 €

Vázquez Loureiro

Gabriela

CMUS Superior de Vigo

772,40 €

Veloso Vicente

Ledicia

EASD Antonio Faílde

514,93 €

Total

25.000,00 €

ANEXO II

Apelidos

Nome

Centro

Motivo da exclusión

Alves Pereira

Ricardo Nuno

CMUS Superior de Vigo

Non cumprir o art. 4.e) da orde de convocatoria.

Rodríguez Lorenzo

María Paz

Universidade de Vigo (Facultade de Belas Artes-Pontevedra)

Non cumprir o art. 4.b) da orde de convocatoria.