Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 18 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-0414/2014-PPM.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a proposta do expediente PSC-CO-0414/2014-PPM. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 18 de maio de 2015

Lorena Domínguez González
Instrutora

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0414/2014-PPM.

Persoa interesada: Sergio Vilela Lago.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: lugar de Nemiña, 40, Muxía.