De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-CO-0543/2014-PPM e PSC-CO-552/2014-PPM. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpor recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.
A Coruña, 25 de maio de 2015
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0543/2014-PPM.
Persoa interesada: Juan Carlos Pasantes Lista.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: calle Furoca, 16, baixo, Camariñas.
Expediente: PSC-CO-0552/2014-PPM.
Persoa interesada: Adrián Iglesias Llanes.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: José Arcos Molanes, 8, Rianxo.