Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28362

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 7/2013-S).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 7/2013

Xulgado de orixe/autos: demanda 1467/2009 Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: Francisco Teira Ventoso

Avogado: Antonio Pousa Merens

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Mar Alegre, Concha de San Sebastián

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 7/2013-S-A desta sala, seguido por instancia de Francisco Teira Ventoso contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mar Alegre e Cuncha de San Sebastián, sobre xubilación, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor:

«A sala resolve

Aclarar e rectificar a parte dispositiva da sentenza de data 10 de novembro de 2014, e dita resolvendo o recurso de suplicación 7/2013, que deberá quedar redactado do seguinte modo:

Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto polo demandante José Francisco Teira Ventoso contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 desta cidade, de data 31 de maio de 2012, en autos número 1467/2009, sobre xubilación anticipada, seguido por instancia do referido recorrente fronte á entidade xestora demandada, así como contra as empresas Mar Alegre, S.L. e Cuncha de San Sebastián, declaramos que o demandante ten dereito á pensión de xubilación anticipada que solicita, que deberá computarse para o seu cálculo os períodos fixados como traballados na presente resolución, anteriores ao 1 de agosto de 1970, e condeno as empresas Mar Alegre, S.L. e Concha de San Sebastián para constituír o correspondente capital custo entre a diferenza entre a pensión á cal ten dereito o demandante polas cotizacións realmente ingresadas e a pensión anticipada agora recoñecida, sen prexuízo da obriga de anticipo por parte da entidade xestora, e á que se condena a aboar a correspondente prestación na contía, forma e cos aumentos e revalorizacións que regulamentariamente correspondan.

Fáiselles saber ás partes que contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo do recurso de casación para a unificación de doutrina, contra a sentenza definitiva, que poderán preparar por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación deste auto, de acordo co disposto nos artigos 219 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Expídase certificación da presente resolución para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal, en unión da sentenza, ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por este o noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mar Alegre, S.L. e Concha de San Sebastián, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de xuño de 2015

A secretaria xudicial