Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28692

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 3 de xullo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2015 (DOG núm. 68, do 13 de abril), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 99, do 26 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas 12, 47 e 81. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 101, 102 e 103.

Segundo. Á vista das reclamacións presentadas, modificar as respostas da pregunta número 75, cuxa resposta correcta é a D, e da 96, cuxa resposta correcta é a D.

Terceiro. De conformidade co disposto na base II.2.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez puntos (10). Para estes efectos, fíxase en 25 o número de respostas correctas precisas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base da convocatoria.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as, no lugar onde se realizou a proba, no taboleiro de anuncios do Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na base II.3.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015

Ramón de la Sota Crespí
Presidente do tribunal