Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 9 de xullo de 2015 Páx. 28691

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 3 de xullo de 2015 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas.

A Orde da Consellería de Facenda do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas, dispón na base II.2.2 que o prazo máximo para a realización do segundo exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o primeiro exercicio o día 2 de xuño de 2015, tendo en conta diversas cuestións relacionadas co desenvolvemento dos exercicios e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as de minas, en dez días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 49.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda