De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-FE-0456/2014-PPM e doce máis. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificada pola Lei 15/2014, do 26 de setembro, de racionalización de sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE; a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na avenida Ramón Canosa, s/n, Celeiro-Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
A Coruña, 26 de xuño de 2015
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-FE-0456/2014-PPM.
Persoa interesada: Roberto Fernández Orjales.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Estación, 8, 1º, Santa Cecilia, Narón.
Expediente: PSC-FE-0481/2014-PPM.
Persoa interesada: Aaron Alfonsín Rodríguez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Rochel, 20, 4º D, Ferrol.
Expediente: PSC-FE-0483/2014-PPM.
Persoa interesada: Josué Giménez Jiménez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Alcalde Quintanilla, nº 1, bl. B, 6º I, Ferrol.
Expediente: PSC-FE-0488/2014-PPM.
Persoa interesada: Marco Antonio Rodeiro Piñeiro.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ A Coruña, 21, 3º esqda., Narón.
Expediente: PSC-FE-0489/2014-PPM.
Persoa interesada: Fernando Martínez Rañales.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Peteiro, 59, baixo, Mugardos.
Expediente: PSC-FE-0503/2014-PPM.
Persoa interesada: Manuel Ángel Blanco Cristóbal.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: avenida Castelao, 37, 6º D, Ferrol.
Expediente: PSC-FE-0527/2014-PPM.
Persoa interesada: Candelaria Gabarre Suárez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Armada Española, bl. 22, nº 2, 11º D, Ferrol.
Expediente: PSC-FE-0530/2014-PPM.
Persoa interesada: Tony Montero Ogando.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Rosalía de Castro, 8, 2º D, Narón.
Expediente: PSC-FE-0531/2014-PPM.
Persoa interesada: Faustino Salazar Camacho.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Do Prado, 24-A, 4º I, Ferrol.
Expediente: PSC-FE-0533/2014-PPM.
Persoa interesada: Víctor Manuel Rapela García.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: O Signo, 8, baixo, Ferrol.
Expediente: PSC-FE-0534/2014-PPM.
Persoa interesada: David Montoya Salazar.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Pazo, 48 C, Serantes, Ferrol.
Expediente: PSC-FE-0535/2014-PPM.
Persoa interesada: Soledad Gabarres Camacho.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Do Prado, 24 A, 4º I, Ferrol.
Expediente: PSC-FE-0538/2014-PPM.
Persoa interesada: Antonio Gabarres Díaz.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: r/ Enrique Granados, bl. 41, nº 1, 2º A, Ferrol.