De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuveillas, nº 4 e 6, baixo, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Ourense, 26 de xuño de 2015
Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense
Anexo
Expediente: MON-OU-82/2015-REP.
Interesada: Mª Lourdes Seara Pereira.
Acto de notificación: acordo de incoación do procedemento sancionador.