Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28852

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 25 de xuño de 2015 pola que se autoriza a posta en funcionamento do instituto de educación secundaria de Carral, no concello de Carral, provincia da Coruña.

O Decreto 49/2015, do 26 de marzo, publicado no DOG número 68, do 13 de abril, crea o instituto de educación secundaria de Carral, no concello de Carral.

En consecuencia, de conformidade co disposto no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que determina a competencia desta en materia de creación, supresión, transformación, clasificación, autorización e organización dos centros escolares, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Posta en funcionamento dun centro educativo

Autorízase a posta en funcionamento do centro cuxos datos figuran a continuación:

Provincia: A Coruña.

Concello: Carral.

Localidade: Carral.

Enderezo: Costa do Pincho, s/n.

Código do centro: 15032923.

Denominación: instituto de educación secundaria de Carral.

Unidades: 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Disposición derradeira primeira. Autorización para ditar instrucións

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarios para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria