Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 10 de xullo de 2015 Páx. 28854

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de xuño de 2015 pola que se autoriza a posta en funcionamento do instituto de educación secundaria de Culleredo, no concello de Culleredo, provincia da Coruña.

O Decreto 50/2015, do 26 de marzo, publicado no DOG número 68, do 13 de abril, crea o instituto de educación secundaria de Culleredo, por desagregación do IES Eduardo Blanco Amor da mesma localidade.

En consecuencia, de conformidade co disposto no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que establece a competencia desta en materia de creación, supresión, transformación, clasificación, autorización e organización dos centros escolares, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Posta en funcionamento dun centro educativo

Autorízase a posta en funcionamento do centro cuxos datos figuran a continuación:

Provincia: A Coruña.

Concello: Culleredo.

Localidade: Rutis.

Enderezo: avenida de Rutis, s/n.

Código do centro: 15032935.

Denominación: instituto de educación secundaria de Culleredo.

Unidades: 12 de educación secundaria obrigatoria e 4 de bacharelato.

Disposición derradeira primeira. Autorización para ditar instrucións

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarios para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor con efectos do 1 de setembro de 2015.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria