Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 29014

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 21 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia do 27 de xaneiro de 2015, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 3973, parágrafo 5, liña 5 da parte expositiva, onde di: «...cunha porcentaxe do 92,5 %...»; debe dicir: «...cunha porcentaxe do 91,89 %...».

Na páxina 3984, no artigo 9, número 4 da parte dispositiva, onde di: «A resolución da concesión de subvención, que se comunicará por escrito ao beneficiario, fixará expresamente o importe da axuda (en equivalente bruto de subvención) e o seu cofinanciamento pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 92,5 por cento, dentro do Programa operativo de emprego xuvenil, no eixe prioritario: 5, prioridade de investimento: 8.2, obxectivo específico 8.2.2 e medida 8.2.2.4, e o seu carácter de axuda de minimis, exenta da obriga de notificación en aplicación do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e incorporará, de ser o caso, as condicións, as obrigacións e as determinacións accesorias a que deba estar suxeita a entidade beneficiaria.»; debe dicir: «A resolución da concesión de subvención, que se comunicará por escrito ao beneficiario, fixará expresamente o importe da axuda (en equivalente bruto de subvención) e o seu cofinanciamento pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89 por cento, dentro do Programa operativo de emprego xuvenil, no eixe prioritario: 5, prioridade de investimento: 8.2, obxectivo específico 8.2.2 e medida 8.2.2.4, e o seu carácter de axuda de minimis, exenta da obriga de notificación en aplicación do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, e incorporará, de ser o caso, as condicións, as obrigacións e as determinacións accesorias a que deba estar suxeita a entidade beneficiaria».