Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 13 de xullo de 2015 Páx. 28978

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 3 de xullo de 2015 pola que se complementa a Orde do 3 de xuño de 2011, modificada pola Orde do 23 de xuño de 2014, pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional e se establece o procedemento de habilitación.

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, de mellora da calidade educativa, dá unha nova configuración ao currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato. Como resultado das modificacións desaparecen do currículo ou cambian de denominación algunhas materias e introdúcense outras novas.

Sen prexuízo de que as persoas que o desexen deberán solicitar a correspondente habilitación de acordo coa normativa vixente e nos prazos establecidos no punto décimo cuarto da Orde do 3 de xuño de 2011, resulta oportuno habilitar, de oficio, nas novas materias aquelas persoas que xa posúen algunha resolución de habilitación de acordo coas correspondencias que se relacionan no anexo II, así como incorporar a tecnoloxía entre as habilitacións que permiten impartir o bloque de ciencias aplicadas da formación profesional básica.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro. A epígrafe 2 do punto noveno da Orde do 3 de xuño de 2011 queda redactado como segue:

«2. O bloque de Ciencias Aplicadas será impartido por persoal que reúna os requisitos para ser habilitado para impartir unha das seguintes materias: Matemáticas, Física, Química, Física e Química, Bioloxía, Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía.

Segundo. O punto sexto da Orde do 3 de xuño de 2011 queda redactado como segue:

Sexto. Condicións de formación para impartir módulos profesionais correspondentes á formación profesional do sistema educativo.

1. As titulacións exixidas para obter a habilitación para impartir os módulos profesionais de ciclos de formación profesional do sistema educativo son as que para cada módulo se establecen no real decreto polo que se aproba o correspondente título.

Cando a titulación exixida sexa xenérica deberá cumprirse algún dos seguintes requisitos:

– Que as ensinanzas conducentes á titulación alegada engloben todos os resultados de aprendizaxe do módulo profesional.

– Que se acredite unha experiencia profesional, habitual e remunerada de, polo menos, tres anos, realizados durante os quince anteriores á solicitude, en ocupacións que inclúan o desenvolvemento de actividades produtivas, distintas da docencia, que comprendan as realizacións profesionais asociadas con todos os resultados de aprendizaxe do módulo solicitado. A experiencia laboral será acreditada mediante Informe de Vida Laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e certificado das entidades onde se prestasen servizos laborais, recollendo as ocupacións realizadas. Poderá presentarse en substitución do certificado da entidade, contrato de traballo que recolla as ocupacións do seu obxecto e no caso de entidades extinguidas, declaración responsable sobre as entidades e ocupacións desenvolvidas. Para identificar as ocupacións será empregada a Clasificación nacional de ocupacións 2011 publicada polo Instituto Nacional de Estatística.

– No caso de traballadores por conta propia, acreditarase experiencia profesional desenvolvida de xeito habitual de, polo menos tres anos, realizados durante os quince anteriores á solicitude, en ocupacións análogas ás indicadas no punto anterior, para o que se achegará xunto co Informe de Vida Laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, certificación sobre o imposto de actividades económicas ou autorización para a consulta dos datos a través do nodo de interoperabilidade da Xunta de Galicia.

– No caso de módulos profesionais correspondentes a ciclos de formación profesional básica, que se acredite unha experiencia docente no sistema educativo de, polo menos, tres cursos académicos impartindo módulos de ensinanzas vinculadas ao módulo solicitado. A vinculación virá determinada pola inclusión de ambos módulos en ofertas formativas pertencentes á mesma familia profesional. Tamén existirá vinculación cando ambos os dous módulos estean atribuídos á mesma especialidade de profesorado.

2. Para solicitar a habilitación para impartir formación profesional deberá acreditarse a oferta de traballo dun centro privado da Comunidade Autónoma de Galicia ou solicitala para un módulo profesional que se estea a impartir no centro educativo no que se presta servizos.

Terceiro. O punto décimo segundo da Orde do 3 de xuño de 2011 queda redactado como segue:

Décimo segundo. Requisito de coñecemento da lingua galega

O profesorado para exercer a docencia nos centros pertencentes ao ámbito de aplicación desta orde deberá estar en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de lingua galega, nivel avanzado da escola oficial de idiomas ou outros estudos declarados equivalentes.

Cuarto. Engádese unha nova disposición adicional sétima coa seguinte redacción:

Habilitación de oficio:

1. As persoas habilitadas para impartir docencia nos centros privados nas materias LOE serán habilitadas, de oficio, nas novas materias da educación secundaria obrigatoria e/ou do bacharelato LOMCE, segundo as correspondencias que se relacionan no anexo I da presente orde.

2. Cando a habilitación que se posúa sexa para centro e materia, ou para unha etapa educativa, a nova habilitación manterá as mesmas condicións.

Disposición derradeira primeira. Autorización de desenvolvemento

Autorízase o director xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Habilitacións LOE

Nivel

Habilitacións LOMCE

Nivel

Bioloxía

BTO

Cultura científica

ESO/BTO

Bioloxía

BTO

Ciencias aplicadas á actividade profesional

ESO

Bioloxía e xeoloxía

ESO/BTO

Cultura científica

ESO/BTO

Bioloxía e xeoloxía

ESO/BTO

Ciencias aplicadas á actividade profesional

ESO

Ciencias da natureza (1)

ESO

Bioloxía xeoloxía de primeiro de ESO

Física e química de segundo de ESO

1º e 2º de ESO

Ciencias da terra e ambientais

BTO

Ciencias da terra e do ambiente

BTO

Ciencias sociais, xeografía e historia

ESO

Xeografía e historia

Valores éticos

ESO

Ciencias sociais, xeografía e historia

ESO

Iniciación á actividade emprendedora e empresarial

ESO

Debuxo artístico

BTO

Educación plástica, visual e audiovisual

ESO

Debuxo artístico

BTO

Fundamentos da arte I e II

BTO

Debuxo técnico

BTO

Educación plástica, visual e audiovisual

ESO

Debuxo técnico

BTO

Fundamentos da arte I e II

BTO

Economía

Economía da empresa

BTO

Iniciación á actividade emprendedora e empresarial

ESO

Economía

Economía da empresa

BTO

Fundamentos de administración e xestión

BTO

Educación plástica e visual

ESO

Educación plástica, visual e audiovisual

ESO

Filosofía e cidadanía

BTO

Filosofía

ESO/BTO

Filosofía e cidadanía

BTO

Valores éticos

ESO

Filosofía e cidadanía

BTO

Psicoloxía

BTO

Física

BTO

Cultura científica

ESO/BTO

Física

BTO

Ciencias aplicadas á actividade profesional

ESO

Física e química

ESO/BTO

Cultura científica

ESO/BTO

Física e química

ESO/BTO

Ciencias aplicadas á actividade profesional

ESO

Informática

ESO

Tecnoloxías da información e da comunicación

ESO

Lingua castelá e literatura

ESO/BTO

Artes escénicas e danza

ESO

Lingua castelá e literatura

ESO/BTO

Artes escénicas

BTO

Lingua galega e literatura

ESO/BTO

Artes escénicas e danza

ESO

Lingua galega e literatura

ESO/BTO

Artes escénicas

BTO

Matemáticas

ESO/BTO

Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas

Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas

ESO

Música

ESO

Artes escénicas e danza

ESO

Química

BTO

Cultura científica

ESO/BTO

Química

BTO

Ciencias aplicadas á actividade profesional

ESO

Tecnoloxía

ESO

Imaxe e son

BTO

Tecnoloxías

ESO

Tecnoloxía

ESO

(1) Aplicable unicamente aos mestres habilitados para o primeiro e segundo curso da educación secundaria obrigatoria.