Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29426

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación con procedemento aberto para a contratación, cun só criterio de adxudicación, da execución da obra de instalación de céspede artificial no campo de fútbol municipal, número 47 POS/2015, no concello de Maceda.

No perfil do contratante publícanse íntegros o prego de condicións, o proxecto e a documentación complementaria para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra de instalación de céspede artificial no campo de fútbol municipal, número 47 POS/2015, no concello de Maceda, cun tipo de licitación de 300.000 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, no proxecto e na documentación complementaria a que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es . As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 48 ante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outros recursos que se consideren procedentes, o prego de condicións, o proxecto técnico, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous (2) meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 29 de xuño de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense