Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 14 de xullo de 2015 Páx. 29425

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO sobre a delegación de varias facultades na Deputación Provincial de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, infórmase de que o Pleno da Corporación de Vilanova de Arousa, en sesión do 30 de marzo de 2015, acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU).

A dita delegación foi aceptada polo Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión do día 29 de maio de 2015. Débese formalizar o correspondente convenio entre ambas as administracións.

Vilanova de Arousa, 12 de xuño de 2015

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde en funcións