A Orde do 24 de xullo de 2014 (DOG núm. 147, do 5 de agosto) establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral, no marco do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, en réxime de concorrencia competitiva. No anexo I da dita orde recóllese a modalidade A destas axudas.
Pola Resolución do 8 de abril de 2015 (DOG núm. 71, do 16 de abril) adxudícanse as axudas posdoutorais, modalidade A, ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que contraten os/as candidatos/as seleccionados/as que aparecen na dita resolución.
No artigo 14 da orde de convocatoria establécese que, no caso de que se produza algunha renuncia, se poderán adxudicar as axudas aos solicitantes da lista de espera, sempre que a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de resolución de concesión, e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.
En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,
RESOLVO:
Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas polos solicitantes adxudicados na Resolución do 8 de abril de 2015 que se relacionan no anexo I.
Segundo. Aceptar a renuncia presentada da lista de espera que se relaciona no anexo II.
Terceiro. Adxudicar as axudas aos solicitantes da lista de espera que se relacionan no anexo III. Os novos contratos deberán formalizarse o día 1 de agosto de 2015.
Cuarto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades do SUG segundo as renuncias producidas e as novas adxudicacións.
Aplicación orzamentaria |
Universidade |
Nº de prazas |
Crédito (en euros) |
||||
2015 |
2016 |
2017 |
2018 |
Total |
|||
09.40.561B.444.0 |
UDC |
3 |
59.091,78 |
113.763,70 |
109.506,72 |
50.737,80 |
333.100,00 |
USC |
26 |
490.469,52 |
984.461,64 |
943.329,04 |
465.939,80 |
2.884.200,00 |
|
UVIGO |
21 |
364.352,38 |
764.032,88 |
748.700,54 |
390.114,20 |
2.267.200,00 |
|
Total |
50 |
913.913,68 |
1.862.258,22 |
1.801.536,30 |
906.791,80 |
5.484.500,00 |
Quinto. O artigo 10 da orde de convocatoria establece que as universidades serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos, así como da presentación da xustificación ante a Secretaría Xeral de Universidades para o libramento das axudas.
Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.
Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
Renuncias de solicitantes adxudicados
Nº expediente |
Universidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
DNI |
Rama de coñecemento |
Nota avaliación |
Zona 1º ano |
Zona 2º ano |
ED481B 2014/155-0 |
UDC |
Cotelo |
García |
Rosalía |
*****997A |
Artes e Humanidades |
83 |
2 |
2 |
ED481B 2014/053-0 |
USC |
Rey |
Rico |
Ana |
*****211P |
Ciencias da Saúde |
93 |
2 |
2 |
ED481B 2014/089-0 |
USC |
Paredes |
Méndez |
Xavier |
*****973W |
Ciencias |
89 |
1 |
1 |
ED481B 2014/176-0 |
USC |
Martínez |
Otero |
Manuel Alberto |
*****967W |
Ciencias |
87,5 |
3 |
3 |
ED481B 2014/175-0 |
USC |
Böhme |
|
Karola |
*****476Z |
Ciencias |
86 |
1 |
1 |
ED481B 2014/076-0 |
USC |
Regal |
López |
Patricia |
*****907X |
Ciencias |
84 |
2 |
2 |
ED481B 2014/079-0 |
UVIGO |
Conde |
Pardo |
Paula |
*****5515Y |
Ciencias |
83,5 |
1 |
1 |
ANEXO II
Renuncia da lista de espera
Nº expediente |
Universidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
DNI |
Rama de coñecemento |
Nota avaliación |
Zona 1º ano |
Zona 2º ano |
ED481B 2014/124-0 |
UVIGO |
López |
Sandoval |
Daffne Celeste |
*****2495 non NIE |
Ciencias |
79,5 |
3 |
3 |
ANEXO III
Novas adxudicacións
Nº expediente |
Universidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
DNI |
Rama de coñecemento |
Nota avaliación |
Zona 1º ano |
Zona 2º ano |
ED481B 2014/132-0 |
UVIGO |
González |
Villanueva |
Rita |
*****333H |
Ciencias |
81 |
1 |
1 |
ED481B 2014/167-0 |
USC |
Alonso |
García |
Isaac |
*****187T |
Ciencias |
81 |
2 |
2 |
ED481B 2014/075-0 |
UVIGO |
Carracedo |
Segade |
Lidia Isabel |
*****924C |
Ciencias |
80,5 |
2 |
2 |
ED481B 2014/115-0 |
USC |
Barros |
Ríos |
Jaime |
*****401K |
Ciencias |
79,2 |
3 |
3 |
ED481B 2014/027-0 |
USC |
Vázquez |
Rodríguez |
Saleta |
*****932D |
Ciencias |
79 |
2 |
2 |
ED481B 2014/068-0 |
UVIGO |
Barbosa |
Pereira |
Letricia |
*****665P |
Ciencias |
78,5 |
2 |
2 |
ED481B 2014/119-0 |
UVIGO |
Mateo |
Mateo |
Cintia |
*****472N |
Ciencias |
78 |
2 |
2 |