Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de xullo de 2015 pola que se notifica resolución de recurso de reposición previo ao económico-administrativo.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado a Adrián Rey Guillén, con último enderezo coñecido na r/ Xoán Vicente Viqueira, núm. 4, 2º B, de Sada, A Coruña, resolución do director de Portos de Galicia, do 15 de xuño de 2015, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

A resolución acorda non admitir, por estar presentado fóra de prazo, o recurso interposto contra as liquidacións das tarifas portuarias X-1 e X-2, emitidas cos números de referencia 213151424, 213151425, 213151423, 213151422, 213151427 e 213151426.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente completo para o seu exame e consulta está na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, número 5-A, 6º, de Santiago de Compostela.

Contra a resolución poderase interpoñer reclamación económico-administrativa ante esta entidade pública, que a remitirá á Xunta Superior de Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa resolución, que se deberá presentar nun prazo máximo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia