Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 23 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador LU-24/2014.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, edificio administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 1400 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da súa publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Lugo, 23 de xuño de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: E.S.LU-24/2014.

Interesada: Clemencia Rodríguez Freire.

Último enderezo conocido: Aquilino Iglesia Alvariño, 3, 1º A, Lugo.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.