Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 1 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se publica a resolución ditada no procedemento de baixa, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, da entidade Aloisio Suárez Arroyo (Academia Siglo XXI) (número de censo 36C00690) devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación en dúas ocasións, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Aloisio Suárez Arroyo (Academia Siglo XXI) a Resolución do 4 de maio de 2015, da directora xeral de Emprego e Formación, ditada no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación en dúas ocasións, non se puido efectuar.

O prazo para interpoñer o recurso ao cal fai mención a antedita resolución computarase a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

«Resolución de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar por baixa de todas as especialidades formativas.

Aloisio Suárez Arroyo (Academia Siglo XXI)

Rúa Marquesa, 5, 2º A

36002 Pontevedra

Logo de examinar a inscrición/acreditación da entidade Aloisio Suárez Arroyo (Academia Siglo XXI), no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Antecedentes.

Primeiro. A entidade Aloisio Suárez Arroyo (Academia Siglo XXI) encóntrase inscrita/acreditada no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, co número de censo 36C00690, nas especialidades formativas seguintes:

Código especialidade

Descrición

Alta homologación

Baixa homologación

AO0159

Aplicacións Informáticas

13.3.1998

20.1.1998

IN0057

Especialista Informática Educativa

5.3.1999

31.12.2001

IN0068

Especialista Autoestradas Información

5.3.1999

31.12.2001

Segundo. As anteditas especialidades formativas causaron baixa no Ficheiro de Especialidades Formativas con efecto nas datas que constan no antecedente primeiro como “baixa homologación”.

Terceiro. Esta Dirección Xeral de Emprego e Formación deu trámite de audiencia á antedita entidade para que alegase e presentase os documentos e xustificacións que estimase oportunos. Os dous intentos de notificación realizados á devandita entidade foron devoltos polo servizo de Correos por non seren recollidos na oficina postal tras os avisos efectuados polo que foron notificados por medio de anuncios no taboleiro de edictos do concello no seu último domicilio e no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Transcorrido o prazo para formular alegacións, non consta que Aloisio Suárez Arroyo (Academia Siglo XXI) as presentase en tempo e forma.

Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. A competencia para resolver o presente expediente correspóndelle á directora xeral de Emprego e Formación, de conformidade co establecido no artigo 6.3) e artigo 8 do Decreto 106/2011, do 19 de maio.

Segundo. O artigo 8.1.c), do Decreto 106/2011, dispón que a Dirección Xeral de Emprego e Formación poderá acordar a baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación, dos centros ou entidades, cando se produza a baixa no ficheiro de todas as especialidades que lle foron concedidas.

Revisado o expediente compróbase que todas as especialidades formativas nas cales estaba acreditada e/ou inscrita a entidade Aloisio Suárez Arroyo (Academia Siglo XXI), co número de censo 36C00690, causaron baixa no Ficheiro de Especialidades Formativas.

Terceiro. Tendo en conta que na tramitación do expediente se observaron as normas que para o efecto se establecen no Decreto 106/2011, do 19 de maio, e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Logo de ver o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego; a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, modificada pola Orde ESS/1726/2012, do 2 de agosto, pola que se desenvolve o antedito real decreto; o Decreto 106/2011, do 19 de maio, polo que se crea o Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar e se regula o procedemento para a inscrición e, se é o caso, acreditación dos centros e entidades que impartan formación para o emprego no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia; o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a demais normativa de xeral aplicación.

De acordo con todo o indicado,

resolvo:

Dar de baixa a entidade Aloisio Suárez Arroyo (Academia Siglo XXI), número de censo 36C00690, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Consellería de Traballo e Benestar.

Notifíquese aos interesados a presente resolución para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 114, seguintes e concordantes, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación