Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de xullo de 2015 polo que se notifican actos administrativos de trámite e resolucións en relación cos recursos de alzada interpostos contra resolucións dos servizos de infraestruturas das delegacións desta axencia, en materia de expropiación forzosa (estradas), por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións dos trámites ou resolucións, non se puideron practicar (recurso E/5/11 e dous máis).

As unidades dependentes desta Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas tramitan os recursos de alzada interpostos polas persoas que se indican, contra resolucións ditadas no seu día polos servizos de infraestruturas das actuais delegacións desta axencia nas provincias que tamén se sinalan.

Procedendo a notificación persoal dos actos de trámite ou resolucións destes recursos ás persoas interesadas nos casos que se indican, non se puideron practicar, de maneira que, segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos se publica soamente o contido mínimo do acto, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da delegación da Axencia na provincia correspondente. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no devandito taboleiro de edictos único.

No caso de actos de trámite, unha vez cumprido o prazo e realizado o trámite sinalado, coa posibilidade de que a persoa interesada examine o expediente, tendo en conta que disporá dun prazo de dez días para formular, se é o caso, alegacións, continuarase coa tramitación do recurso como corresponda, ata que se dite a correspondente resolución. No caso de resolucións, que son definitivas na vía administrativa, pode interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Recurso, provincia: E/5/11 Pontevedra.

Clave de obra, predios: PO/06/051.06 predio 140 de Meaño.

Recorrente: Enrique Pazos Padín.

Persoas interesadas: Enrique Pazos Padín.

Último enderezo coñecido: Meaño.

Acto notificado: trámite de audiencia: perda de obxecto do recurso e posible arquivo.

Recurso, provincia: E/40/11 A Coruña.

Clave de obra, predios: AC/99/073.01 predio 2117 de Teo.

Recorrente: Vector Plus, S.L. Francisco González Lojo.

Persoas interesadas: Vector Plus, S.L. Francisco González Lojo.

Último enderezo coñecido: Boiro.

Acto notificado: arquivamento.

Recurso, provincia: E/44/12 Pontevedra.

Clave de obra, predios: PO/07/258.06 predio 95-0 de Sanxenxo.

Recorrente: Comunidade de Montes Veciñais de Arra-Montalbo.

Persoas interesadas: Juan R. Pintos San Martín.

Último enderezo coñecido: Sanxenxo.

Acto notificado: trámite de audiencia.