Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 1 de xullo de 2015 pola que se notifican as resolucións referenciadas acordadas nos expedientes administrativos de carácter sancionador pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (TUSAN1 2014/123-1 e cinco máis).

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro) e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro) notifícaselles as persoas físicas e xurídicas que a continuación se mencionan, titulares de establecementos turísticos, as resolucións dos procedementos administrativos de carácter sancionador en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG nº 216, do 11 de novembro), e que, intentadas polos medios habituais, non se puideron practicar.

As persoas interesadas poderán examinar os seus expedientes, e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias desta Axencia Turismo de Galicia situadas na estrada de Santiago de Compostela-Noia, km 3, A Barcia, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante a titular da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2 b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2011/197-1.

Sancionado: María del Carmen Mateu Leis.

NIF: 44196831P.

Último enderezo: rúa Principal, nº 117.

Localidade: Boiro (A Coruña).

Resolución: caducidade.

Expediente: TUSAN1 2014/123-1.

Sancionado: Mª. Teresa Martínez Calvo.

NIF: 33187437R.

Último enderezo: rúa da Senra, nº 5, 4º I.

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 3.100,00 euros.

Expediente: TUSAN1 2014/165-1.

Sancionado: Manuel Constantino Cives Tomé.

NIF: 79324163S.

Último enderezo: Lugar de Olveiroa, s/n.

Localidade: Dumbría (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.650,00 euros.

Expediente: TUSAN1 2014/040-3.

Sancionada: Felicia Almonte Melo.

NIF: 44489024D.

Último enderezo: rúa Eulogio Fernández, s/n.

Localidade: O Barco de Valdeorras (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.200,00 euros.

Expediente: TUSAN1 2011/023-4.

Sancionado: Café Savoy, S.L.

NIF: B36576718.

Último enderezo: avenida de Agrelo, nº 10.

Localidade: Bueu (Pontevedra).

Resolución: caducidade.

Expediente: TUSAN1 2012/057-4.

Sancionado: Edelmiro Quintillán Cachafeiro.

NIF: 35204255H.

Último enderezo: rúa José Pernas Peña, nº 7.

Localidade: Poio (Pontevedra).

Resolución: caducidade.

Comunícaselles que as resolucións desta Axencia de Turismo de Galicia poñen fin á vía administrativa e son por tanto, executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta Axencia de Turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia