Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 2 de xullo de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a resolución ditada no expediente sancionador da Coruña número AC-S-129/13 por infracción grave en materia de turismo (TUSAN1 2013/129-1).

Pola presente, e de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro) e pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de septembro) notifícaselle á persoa de Francisco José Valdomar Ballón, con NIF 32445980H, e enderezo no lugar da Insúa, nº 67, de Fisterra (A Coruña), a resolución da directora de Turismo de Galicia do recurso de reposición interposto contra a resolución do procedemento sancionador en materia de turismo pola comisión dunha infracción administrativa grave tipificada na Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro) e que, intentada polos medios habituais, non se puido levar a efecto.

O interesado poderá examinar o seu expediente e recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias desta Axencia Turismo de Galicia situadas na estrada de Santiago de Compostela-Noia, km 3, A Barcia, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2 b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2013/129-1.

Resolución recurso de reposición: desestimado.

Data da resolución: 26 de decembro de 2014.

Sanción de multa: 950,00 euros.

Comunícaselle que as resolucións desta Axencia de Turismo de Galicia poñen fin a vía administrativa sendo por tanto executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta Axencia de Turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia