Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30044

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1019/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1019/2012 por instancia de Manuel Jesús Varela Cambón, Carlos Leira Díaz, Jaime Uzal Bujía, Luis del Pozo Andrés e Jesús José María García Fernández contra a empresa Emesa Trefilería, S.A., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 18.6.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución: desestímase a demanda formulada por Manuel Jesús Varela Cambón, Carlos Leira Díaz, Jaime Uzal Bujía, Luis del Pozo Andrés e Jesús José María García Fernández fronte á empresa Emesa Trefilería, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial por inadecuación de procedemento, e absólvese a citada empresa das pretensións fronte a ela exercitadas.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Emesa Trefilería, S.A. expido e asino a presente.

A Coruña, 29 de xuño de 2015

A secretaria xudicial