Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30042

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (257/2015).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 257/2015 por instancia de María Alejandra Vázquez Vigo contra a empresa Rohyl Ervedelo 60, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 16 de xuño de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por María Alejandra Vázquez Vigo fronte á empresa Rohyl Ervedelo 60, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Rohyl Ervedelo 60, S.L., á demandante e comunicado o 18 de febreiro de 2015.

– Declárase extinguida, na data da presente, a relación laboral que une a demandante coa empresa Rohyl Ervedelo 60, S.L.

– Condénase a empresa Rohyl Ervedelo 60, S.L. ao aboamento da indemnización de sesenta e cinco mil cincocentos vinte e sete euros con dezasete céntimos de euro (65.527,17 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Rohyl Ervedelo 60, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de xuño de 2015

A secretaria xudicial