Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolve o expediente de clasificación 1/2014.

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, no Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 30 de xuño de 2015 na sala de xuntas da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, baixo a presidencia de José Ramón Losada Fernández, e coa asistencia dos vogais Ramón Rozadillas Valverde, José Antonio Rojo Fernández, Isabel Jamardo Carballo e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñal en man común o seguinte monte:

– Expediente número: 1/2014.

Denominación: de Tuimil (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Tuimil.

Parroquia: Tuimil.

Concello: Bóveda.

Superficie: 54,63 hectáreas.

Estremas:

Parcela 294 do polígono 16:

Norte: camiño e parcelas 308 e 307 do polígono 16.

Sur: parcelas 283, 284, 285, 286, 287 e 292 do polígono 16.

Leste: camiño.

Oeste: autoestrada Lugo-Monforte.

Parcela 333 do polígono 17:

Norte: camiño.

Sur: parcela 203 do polígono 17.

Leste: camiño.

Oeste: camiño.

Parcela 284 do polígono 17:

Norte: camiño.

Sur: camiño.

Leste: camiño.

Oeste: camiño.

Parcela 329 do polígono 17:

Norte: camiño.

Sur: camiño e parcelas 120, 121, 123, 124, 125, 126, 127, 128, 129, 130 e 131 do polígono 17.

Leste: camiño.

Oeste: camiño.

Parcela 285 do polígono 17:

Norte: camiño.

Sur: camiño.

Leste: camiño.

Oeste: parcelas 312, 310 e 309 do polígono 17.

Parcela 115 do polígono 18:

Norte: parcela 104 do polígono 18.

Sur: parcela 115 do polígono 18, que é parcela matriz sobre a que se segrega esta.

Leste: parcela 104 do polígono 18.

Oeste: monte veciñal de Tuimil xa clasificado.

Parcela 864 do polígono 20:

Norte: parcela 877 do polígono 20.

Sur: camiño e monte veciñal de Tuimil.

Leste: monte veciñal de Tuimil.

Oeste: estrada C-548.

Parcela 456 do polígono 21:

Norte: camiño e parcela 10 do polígono 21.

Sur: camiño e parcela 8 do polígono 21.

Leste: camiño.

Oeste: parcelas 10, 440, 9 e 8 do polígono 21.

Parcela 415 do polígono 21:

Norte: estrada de Calvos ao Incio e camiño.

Sur: parcelas 54, 67 e 66 do polígono 21.

Leste: camiño.

Oeste: parcelas 441 e 62 do polígono 21 e estrada de Calvos ao Incio.

Parcela 421 do polígono 21:

Norte: termo municipal do Incio.

Sur: parcela 13 do polígono 21 e camiño.

Leste: camiño.

Oeste: estrada de Calvos ao Incio.

Tras esta ampliación, o monte de Tuimil queda cunha superficie total de 202,63 hectáreas.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común, e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 28 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 2 de xullo de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo