Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2015, da Dirección da Axencia Galega de Innovación, pola que se anuncia o expediente de contratación da Consellería de Economía e Industria, a través desta axencia, para a selección de socio/s estratéxico/s con que formalizar acordo/s de asociación para o desenvolvemento precomercial da Civil UAVs Initiative (RFP-A).

1. Entidade adxudicadora e datos xerais para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Innovación.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Xestión.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Área de Xestión.

2º. Enderezo: praza de Europa, 10-A, 6º B.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Teléfono: +34 981 95 70 14.

5º. Fax: +34 981 54 10 39.

6º. A información relativa ao expediente estará dispoñible para os licitadores a través das seguintes páxinas web: www.civiluavsinitiative.com, http://gain.xunta.es, no perfil do contratante de Gain: http://gain.xunta.es/artigos/50/perfil+do+contratante e na plataforma de contratos públicos de Galicia: www.contratosdegalicia.es

7º. Calquera outra información ou consulta poderá obterse mediante correo electrónico remitido a: programas.gain@xunta.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: compra pública precomercial de servizos de I+D.

b) Descrición: o contrato ten como finalidade a formalización dun acordo de asociación cun ou varios operadores económicos para o desenvolvemento precomercial de vehículos aéreos non tripulados capaces de dar resposta ás necesidades de xestión de servizos públicos. A asociación terá por obxecto a posta en común de medios e recursos na forma que se acorde para o desenvolvemento de solucións, produtos, servizos ou obras innovadoras en materia de sistemas non tripulados que non estean dispoñibles no mercado. O proceso de selección de socio/s estratéxico/s establece as seguintes etapas: 1) Publicación en diarios oficiais (DOUE, BOE e DOG) da convocatoria para a selección de socio/s estratéxico/s; 2) Presentación de solicitudes de participación polos licitadores; 3) Selección de candidatos para participar na fase de diálogo (máximo 10 licitadores); 4) Presentación das propostas técnicas iniciais por parte dos candidatos seleccionados, na cal incluirán o seguinte: o enfoque estratéxico, a proposta de programa conxunto de I+D, a proposta para maximizar o impacto socio-económico e o modelo financeiro; 5) Avaliación das propostas de acordo cunha matriz de valoración value for money, a cal recolle os seguintes aspectos: a) enfoque estratéxico, b) programa conxunto de I+D, c) medios e recursos achegados polo licitador para a execución do programa, d) contido para o Programa de I+D, e) impacto socioeconómico; 6) Proceso de diálogo cos candidatos seleccionados; 7) Selección definitiva e formalización do acordo/s de asociación; 8) Fases do desenvolvemento precomercial.

c) División por lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 73000000 (servizos de investigación e desenvolvemento e servizos de consultoría conexos).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: diálogo competitivo.

c) Criterios de adxudicación:

Criterio

Puntuación

ENFOQUE ESTRATÉXICO

4

Aliñación do enfoque estratéxico da compañía cos obxectivos da iniciativa.

2

Contribución potencial da iniciativa á comercialización dun produto ou gama de produtos competitivos.

2

PROGRAMA DE CONXUNTO DE I+D

80

MEDIOS E RECURSOS ACHEGADOS POLO LICITADOR PARA A EXECUCIÓN DO PROGRAMA

20

Adecuación das instalacións e infraestruturas previstas achegadas ao Programa de I+D.

5

Adecuación dos recursos humanos achegados ao Programa de I+D.

5

Adecuación dos activos e tecnoloxías achegados ao Programa de I+D.

5

Compromisos de achegas financeiras ou de reinvestimento.

5

CONTIDO PARA O PROGRAMA DE I+D+I

60

Adecuación dos obxectivos funcionais ás necesidades da administración autonómica.

5

Interese das liñas de investigación e os obxectivos científico-técnicos para a Administración autonómica.

3

Adecuación entre a situación de partida e os obxectivos que se pretenden acadar durante o período de duración do contrato nas liñas de investigación.

2

Valor estratéxico dos resultados esperados (proximidade ao mercado, mercado potencial, sinerxías futuras co desenvolvemento industrial).

5

Correspondencia entre os efectos esperados do programa e os efectos desexados pola Administración autonómica.

5

Impacto dos resultados e servizos desenvolvidos sobre a calidade e a eficiencia dos servizos públicos da Administración autonómica.

5

Detalle e lóxica da planificación e adecuación desta cos obxectivos que se acadarán polo programa.

2

Participación de empresas e centros de investigación na área de influencia do polo.

5

Proposta de transferencia final de resultados e produtos.

5

Compromisos de investimentos industriais vinculados ao acordo de asociación.

5

Compromisos para o desenvolvemento de cadeas industriais na área de influencia.

5

Capacidade de atracción de investimentos complementarios.

2

Creación de sinerxías con outros sectores produtivos.

2

Creación de sinerxías co sector do coñecemento.

2

Retornos indirectos a medio e longo prazo.

2

Fórmulas de control.

1

Garantías para caso de incumprimento.

2

Previsión de posibles modificacións debidas a continxencias.

2

IMPACTO SOCIOECONÓMICO

16

Desenvolvemento das pemes da área de influencia do polo

5

Desenvolvemento de empresas de nova creación ou start ups.

2

Estimación do número de empregos directos e indirectos creados polo programa.

5

Proposta de divulgación e difusión da ciencia e a tecnoloxía.

2

Outras propostas destinadas a maximizar o impacto socioeconómico.

2

4. Valor estimado do contrato: 21.000.000 €.

5. Orzamento da licitación: 25.410.000 €.

O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 08.A3.561A.640.0, do orzamento de gasto da Axencia Galega de Innovación para as anualidades 2015 a 2020.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non procede.

b) Definitiva: non procede.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira mínima: un volume de negocios no ámbito aeroespacial por importe igual ou superior anual de 50 millóns de euros en cada un dos tres últimos exercicios.

c) Solvencia técnica e profesional mínima: polo menos un servizo para terceiros ou proxectos de I+D interno no ámbito aeroespacial, realizado nos últimos cinco anos, de acordo coas referencias indicadas na cláusula C.2 do documento regulador do procedimiento de selección de socio/s estratéxico/s: Request for Proposals (RFP-A), parte II.

8. Presentación de solicitudes de participación:

a) Data: 15 días naturais desde a publicación do anuncio no DOG.

b) Requisitos: os sinalados nas cláusulas D.3 e D.4, do documento regulador do procedemento de selección de socio/s estratéxico/s: Request for proposals (RFP-A), parte II.

c) Lugar de presentación: Rexistro da Axencia Galega de Innovación (Praza de Europa, 10-A, 6º B, 15707, Santiago de Compostela).

9. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s os gastos de publicación nos diarios oficiais (BOE e DOG).

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2015

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación