Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2015 pola que se cancela a autorización como entidades colaboradoras para a recadación dos tributos e outros ingresos de dereito público da Xunta de Galicia de Caja España e Caja Duero.

Esta axencia, á vista do escrito de renuncia das entidades Caja España e Caja Duero,

RESOLVE:

Cancelar a autorización concedida ás entidades Caja España e Caja Duero como entidades colaboradoras na xestión recadatoria dos tributos e outros ingresos de dereito público, con suxeición ao establecido no artigo 17 e demais aplicables do Regulamento xeral de recadación.

Contra esta resolución poderá interpoñer, de conformidade co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada ante o presidente da Axencia Tributaria de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte a súa notificación.

Esta resolución producirá efectos desde o 21 de xullo de 2015.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2015

Ulpiano L. Villanueva Rodríguez
Director da Axencia Tributaria de Galicia