Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30432

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2015

P.S. (Resolución do 2.7.2015)
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Título

Data sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Defensa, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e as comunidades autónomas de Aragón, Castilla-La Mancha, Castilla-León, Galicia, Madrid e Rexión de Murcia, para impartir as ensinanzas de formación profesional de grao superior nos centros docentes militares de formación de suboficiais das Forzas Armadas.

1.1.2015

0,00 €

Addenda ao Protocolo entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Leroy Merlín, S.L.U. sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

8.1.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello da Lama para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de consolidación do estribo dereito da Ponte Liñares, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

27.1.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e Fundación Telefónica para a implantación de laboratorios de innovación educativa de Jump Math.

29.1.2015

0,00 €

II addenda ao convenio de colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Empresa-Universidade (Feuga), para o apoio aos programas de bolsas de formación práctica de persoas tituladas en ensinanzas artísticas.

29.1.2015

0,00 €

Addenda ao convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización dun programa de accións en materia de investigación a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

13.2.2015

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación Internacional de Estudos Galegos (AEIG) para actuacións en materia de dinamización lingüística.

17.2.2015

3.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Real Padroado de Sargadelos como contribución para o funcionamento e mantemento da Casa de Administración e a realización do proxecto expositivo permanente do Museo Histórico de Sargadelos.

17.2.2015

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación bancaria La Caixa e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a itinerancia da exposición «Val del Omar. A mecánica mística do cine» no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

18.2.2015

28.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre para o desenvolvemento conxunto do programa «Naturacción».

18.2.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Foro Enrique Peinador para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

23.2.2015

12.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Manzaneda para a xestión do servizo de comedor escolar do CEIP de Manzaneda, no concello de Manzaneda.

27.2.2015

15.295,00 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Coca-Cola Iberian Partners (CCIP) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

27.2.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a convocatoria dun concurso de proxectos para o impulso do emprendemento.

9.3.2015

0,00 €

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e o Concello de Ribeira para a formación de persoas adultas a través das tecnoloxías da información e da comunicación, en formación aberta e a distancia nas ensinanzas Mentor.

11.3.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Funcionarios para Normalización Lingüística para actuacións en materia de normalización lingüística.

12.3.2015

15.000,00 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consorcio da Zona Franca de Vigo para o impulso do emprendemento a través da creación de viveiros de empresas.

23.3.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Paideia Galiza para a realización e promoción de actividades de carácter educativo, social e cultural en centros educativos.

24.3.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación Intersindical Galega (CIG) para actuacións de normalización lingüística.

26.3.2015

1.000,00 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Ourense para a programación das actuacións de conservación, mantemento e mellora nos centros públicos de educación infantil, educación primaria e educación especial da provincia de Ourense.

28.3.2015

0,00 €

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación Provincial de Pontevedra para a programación das actuacións de conservación, mantemento e mellora nos centros públicos de educación infantil, educación primaria e educación especial da provincia de Pontevedra.

30.3.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a ONCE para actuacións de normalización lingüística.

31.3.2015

2.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Comisións Obreiras (CC.OO.) para actuacións de normalización lingüística.

31.3.2015

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Antonio Fraguas para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

31.3.2015

14.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Rosalía de Castro para a realización de actuacións de normalización lingüística.

31.3.2015

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello da Guarda para as obras de reparación e remate do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz da Guarda (Pontevedra).

31.3.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Grupo Compostela de Universidades para a organización do premio internacional «Grupo Compostela-Xunta de Galicia», relacionado con actividades de investigación, estudo e divulgación do patrimonio cultural e universitario.

31.3.2015

1.261.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Otero Pedrayo para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

31.3.2015

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Sindicato ANPE para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.4.2015

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Vicente Risco para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

1.4.2015

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a FEREGA-CECA para actuacións de normalización lingüística.

1.4.2015

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié para a colaboración no programa de actividades sobre Víctor Said Armesto «Víctor Said Armesto: A lección dun cidadán libre».

6.4.2015

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para promover e potenciar o galego a través da revista Dorna.

6.4.2015

2.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié para a colaboración na organización das xornadas de conferencias «Mentres sucede. Derivas do presente. Arte e cultura no novo século (I 2015)».

13.4.2015

36.000,00 €

Convenio de cooperación sociocultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Mondariz para a rehabilitación da Biblioteca Municipal de Mondariz. Este convenio é susceptible de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

24.4.2015

222.403,52 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

6.4.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Vigo para a realización de actuacións de normalización lingüística.

6.4.2015

26.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a UGT para actuacións de normalización lingüística.

6.4.2015

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela para a realización de actuacións de normalización lingüística.

6.4.2015

23.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Asociación de Escritores en Lingua Galega para actuacións de normalización lingüística.

6.4.2015

6.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade mercantil Comercial Fraver, S.L., a sociedade Millares Torrón, S.L. e a sociedade Talleres Churrillo, S.L., en materia de formación profesional dual.

10.4.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e The Graduate Center of The City University of New York para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

16.4.2015

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Universidade Estatal de San Petesburgo (Rusia) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

16.4.2015

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e Helsingin Yliopisto para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

16.4.2015

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Marco para a concesión da subvención nominativa dos orzamentos da comunidade autónoma para o 2015 destinada á realización de actividades culturais, didácticas e de difusión.

17.4.2015

100.000,00 €

Cuarta adenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a realización do prácticum do máster universitario en formación en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.

21.4.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Editorial Compostela, S.A. para potenciar o uso do idioma galego a través do xornal El Correo Gallego, que edita esta entidade.

21.4.2015

13.000,00 €

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Filgueira Valverde en materia de normalización lingüística.

21.4.2015

0,00 €

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) para a realización do prácticum do máster universitario en formación do Profesorado de Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.

21.4.2015

0,00 €

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización do prácticum do máster universitario en formación en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.

21.4.2015

0,00 €

Cuarta addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña para a realización do prácticum do máster universitario en formación en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.

21.4.2015

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) para a realización de actuacións en materia de normalización lingüística.

22.4.2015

5.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e CSI-F para actuacións de normalización lingüística.

22.4.2015

1.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actuacións de normalización lingüística.

22.4.2015

28.000,00 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Vigo para a realización do Festival Outono Lírico 2015.

23.4.2015

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Obra Social para a realización da XIII Edición do Premio de Poesía Afundación.

23.4.2015

11.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Teatro Afeccionado para a celebración do circuíto galego Teatro Amador.

23.4.2015

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Vicente Risco para a realización de actividades culturais.

24.4.2015

10.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación de Pontevedra para a organización da exposición dedicada a Xosé Filgueira Valverde.

23.4.2015

14.417,56 €

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol para a xestión da biblioteca municipal central de Ferrol.

30.4.2015

93.000,00 €