Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30437

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2015 pola que se modifican parcialmente a Resolución do 3 de xullo de 2015 e a Resolución do 8 de abril de 2015 pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A, da Orde do 24 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, e se procede á súa convocatoria.

A Orde do 24 de xullo de 2014 (DOG núm. 147, do 5 de agosto) establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral, no marco do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, en réxime de concorrencia competitiva. No anexo I da dita orde recóllese a modalidade A destas axudas.

Pola Resolución do 8 de abril de 2015 (DOG núm. 71, do 16 de abril), adxudícanse as axudas posdoutorais, modalidade A, ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que contraten os/as candidatos/as seleccionados/as que aparecen na dita resolución.

No artigo 14 da orde de convocatoria establécese que, no caso de que se produza algunha renuncia, se poderán adxudicar as axudas aos solicitantes da lista de espera, sempre que a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de resolución de concesión, e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

Pola Resolución do 3 de xullo de 2015 modificouse parcialmente a Resolución do 8 de abril e adxudicáronse as axudas correspondentes ás renuncias producidas ata ese momento aos solicitantes da lista de agarda.

En consecuencia, atendendo á nova renuncia recibida na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada polo seguinte solicitante adxudicado na Resolución do 3 de xullo de 2015:

Nº expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota avaliación

Zona 1º ano

Zona 2º ano

ED481B 2014/167-0

USC

Alonso

García

Isaac

*****187T

Ciencias

81

2

2

Segundo. Adxudicar a axuda ao seguinte solicitante da lista de espera:

Nº expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota avaliación

Zona 1º ano

Zona 2º ano

ED481B 2014/024-0

USC

Freire

Aradas

Ana María

*****964D

Ciencias da Saúde

77

2

2

O contrato deberá formalizarse entre o día 1 e o 31 de agosto de 2015.

Terceiro. Declarar extinguida a lista de espera.

Cuarto. O artigo 10 da orde de convocatoria establece que as universidades serán as encargadas do pagamento dos correspondentes contratos, así como da presentación da xustificación ante a Secretaría Xeral de Universidades para o libramento das axudas.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Quinto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria