Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 17 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica a Resolución do 11 de maio de 2015, recaída no expediente sancionador en materia de xogo P-1/14.

Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación a Recreativos Estrella, S.L. en relación co expediente sancionador en materia de xogo P-1/14 que se relaciona no anexo que se xunta, non foi posible efectuala, polo que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Pontevedra, ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro). A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado e producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación.

A interesada poderá examinar a citada resolución completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27 de Santiago de Compostela, desde as 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá o/a interesado/a interpoñer recurso de alzada, ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Poderase interpor o dito recurso ou calquera outro que xulgue pertinente ao seu dereito, ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: P-1/14.

Interesada: Recreativos Estrella, S.L.

DNI/NIF: B32020075.

Último enderezo coñecido: estrada de Bembibre, 236, Vigo (Pontevedra).

Data da resolución: 11 de maio de 2015.

Tipificación e precepto infrinxido:

Sanción: caducidade.