Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30456

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (64/2013).

Execución de títulos xudiciais 64/2013

Procedemento orixe: procedemento ordinario 69/2012

Sobre ordinario

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandados: Construcciones Concheiro do Barbanza e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 64/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones Concheiro do Barbanza, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva:

Acordo:

– Ter por rematado o presente procedemento de execución seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones Concheiro do Barbanza.

– Pór á disposición da parte executada, para a súa entrega nesta oficina xudicial, o mandamento de devolución expedido por importe de 10,24 euros en concepto de sobrante.

– Levar o orixinal ao libro de decretos e deixar testemuño nestas actuacións.

– Verificada a entrega da cantidade sobrante á executada, arquívese este procedemento e déase de baixa nos libros correspondentes.

Para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Concheiro do Barbanza, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

A secretaria xudicial