Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30454

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (928/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 928/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia Tourón Besada contra Servimar Innova, S.L. e o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, se ditou sentenza número 107 cuxo encabezamento e resolución son deste teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos estes autos número 928/2013, promovidos ante este xulgado do social, sobre reclamación de cantidade, por instancia de Noelia Tourón Besada, representada por Gilberto Manuel Tourón Couto e asistida pola letrada Laura Rodríguez Rodríguez contra Servimar Innova, S.L., que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza:

(...)

Resolvo:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Noelia Tourón Besada contra Servimar Innova, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa a lle aboar á demandante 3.767,45 euros máis os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET). Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso segundo, da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Servimar Innova, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

A secretaria xudicial