Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30679

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (829/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe certifico que neste xulgado se seguen autos número 829/2013 por instancia de Gerardo Muíño Fraguela contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, as empresas José Rodríguez (falecido), José Manuel Jesús Fragueiro Sedes (falecido), Arturo Bellán Díaz (falecido), Elías Bellón Díaz e Manuel Martínez Álvarez, sobre xubilación, nos cales se ditou sentenza o 18.6.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Desestímase a demanda interposta por Gerardo Muíño Fraguela fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, José Rodríguez Rodríguez, José Manuel Jesús Fragueiro Sedes, Arturo Bellón Díaz, Elías Bellón Díaz e Manuel Martínez Álvarez, absolvendo a entidade xestora e as restantes persoas demandadas das pretensións fronte a elas exercidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas José Rodríguez Rodríguez, José Manuel Jesús Fragueiro Sedes, Arturo Bellón Díaz, Elías Bellón Díaz e Manuel Martínez Álvarez expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de xullo de 2015

A secretaria xudicial