Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30680

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1281/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de oficio da autoridade laboral 1281/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia da Conselleria de Traballo e Benestar contra Extel Contact Center, S.A.U., Inés Papín Estévez, Esther Insua Pérez, Carolina Papín Estévez e outros sobre procedemento de oficio, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

Que debo desestimar e desestimo a demanda que de oficio foi interposta pola Consellería de Traballo-Xunta de Galicia, e en consecuencia debo absolver a entidade Extel Contact Center, S.A.U., das pretensións formuladas na súa contra, así como respecto ás restantes codemandadas María Inés Papín Estévez, Eva Vázquez Romar, Kenia Ninoska Maduro Castillo, María de los Ángeles Calzada del Oleo, Esther Insua Pérez, Irene Gerpa Rama, Vanesa Liliana Torres Benítez, Carolina Papín Estévez, Mónica Manrique Machado, Miguel Ángel Castro Vázquez, Patricia Díaz Lamosa, Manuel Antonio Ben Ramírez e Miriam Álvarez Vázquez.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta,a miña sentenza o pronunciaa, mandaa e asinaa a maxistrada xuíza deste xulgado Pilar Carreira Vidal

Para que sirva de notificación en legal forma a Esther Insua Pérez, Irene Gerpa Rama, Vanesa Liliana Torres Benítez e Miriam Álvarez Vázquez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xullo de 2015

A secretaria xudicial