De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 7 de xullo de 2015, sobre o Plan especial de dotacións para o equipamento de servizos funerarios (tanatorio) en solo rústico, concello de Ordes, promovido por Noelia García Vieites.
Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo de internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave .
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2015
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental