Faise pública a Resolución do 7 de xullo de 2015 pola que se formula a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal de Ponteareas, en cumprimento do disposto na dita resolución.
O proceso de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, está integrado no procedemento de aprobación dos instrumentos de planeamento urbanístico segundo o disposto na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
A memoria ambiental pódese consultar no enderezo da internet:
http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código: 0880/2009.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2015
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental