A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou as resolucións dos recursos de alzada presentados nos expedientes sancionadores número LU-00182-O-2013 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.
Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º en Santiago de Compostela.
Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
No caso de non ter aboado a sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2015
Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Persoa sancionada DNI/CIF Último enderezo coñecido |
Infracción cometida Data-Hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
Resolución recurso |
LU-00182-O-2013 0191-HHC Garda Civil 2704 I64330I |
Dalias Transport, S.L. B04053328 Coop. Vvdas. Amanecer, B 4 04600 Huércal-Overa (Almería) |
Diminución do descanso semanal normal en máis de 9 horas. Igual ou superior a 24 horas e inferior a 30 horas. 10.1.2013; 17.04; A-8; 570,00 |
Artigo 140.37.6 da LOTT |
Artigo 143.1.g) da LOTT |
1.500 |
Estimado parcial |
LU-00677-O-2011 5177-DFK Garda Civil 2701 F02025Q |
Trajnsportcastell Frigo Grup, S.L. B49169543 Polig. Cárnicas, nave 11 49600 Benavente (Zamora) |
Incumprimento por parte do condutor da obriga de realizar por si mesmo determinadas entradas manuais ou anotacións no aparato de control de tempos de condución e descanso ou nas follas de rexistro. 25.2.2011; 00.15; A-6; 522 |
Artigo 141.8 da LOTT Artigo 198.8 ROTT |
Artigo 143.1.f) da LOTT Artigo 201.1.f) ROTT |
1.501 |
Desestimado |
OU-01571-S-2013 0409-FWK Policía Autonómica 94284-93363 |
Daniel Rodríguez Vázquez 44463991T Coruña, 6-1º D 32005 Ourense |
Realizar o transporte de mercadorías perecedoiras sen levar no vehículo as marcas de identificación e indicacións regulamentarias ou levalas en lugares distintos dos establecidos. 20.9.2013; 11.00 Cachamuíña |
Artigo 142.16 da LOTT |
Artigo 143.1.a) da LOTT |
100 |
Desestimado |
PO-01737-O-2013 4018-HKY Garda Civil 3603 U36333E |
Compañ. de Protec. y Vigilanc. Galaica, S.A. A15922198 Plg. Tambre, Vía Edison, B.2, portal 0, esc. 5, pl. 2 15820 Santiago de Compostela (A Coruña) |
A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado. 15.3.2013; 11.36 |
Artigo 141.21 da LOTT |
Artigo 143.1.d) da LOTT |
401 |
Desestimado |
PO-03120-S-2013 PO-8453-BG Policía Municipal 294477 |
Distribuciones Cárnicas Rosada, S.L. B36190445 Polígono Industrial Castiñeiras, 26 36930 Bueu (Pontevedra) |
Atenuante: a realización de transporte privado en vehículo lixeiro de máis de 3,5 Tn de MMA, carecendo de autorización. 4.7.2013; 08.40 Pza. América con r/ Coruña |
Artigo 142.19 en relación co artigo 141.14 da LOTT |
Artigo 143.1.k) en relación letra b) |
201 |
Desestimado |
PO-01650-O-2011 2159-GSP Garda Civil 3603 V93728C |
Transportes Duco, S.L. B70086293 Vía Isaac Peral, Pg. Tambre, 20-22 15890 Santiago de Compostela (A Coruña) |
Transporte de mercadorías perigosas en que os documentos de transporte non conteñen a correspondente información correcta (diferente das anteriores). 5.10.2011; 09.00; A-52; 278,3 |
Artigo 141.5.11 da LOTT |
Artigo 143.1.f) da LOTT |
801 |
Estimado parcial |