Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31645

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3387/2014-CG).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 3387/2014

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamento en xeral 183/2014 Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Fogasa

Recorridos: Adega do Emilio, S.L., Alejandro Gutiérrez Ferreira

Avogado: Pablo Guntiñas Fernández

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3387/2014 seguido por instancia de Fogasa contra Adega do Emilio, S.L., Alejandro Gutiérrez Ferreira sobre resolución de contrato, se ditou con data do 23.6.2015 auto cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

A sala acorda aclarar a sentenza ditada por este tribunal con data do 28.11.2014, cuxa parte dispositiva quedaría redactada do seguinte teor: “Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación do Fogasa contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense con data do 29 de abril de 2014, debemos confirmar integramente a resolución impugnada. Condénase o organismo recorrente a que aboe a suma de 200 (douscentos) euros en concepto de honorarios do letrado impugnante do recurso”.

Notifíquese ás partes e advírtaselles que contra esta resolución no cabe recurso ningún. Non obstante o dito no parágrafo anterior, en canto debe entenderse que este auto se integra na resolución á cal aclara, corrixe, emenda ou complementa, o prazo para interpoñer o recurso que proceda contra a dita resolución reiníciase a partir do momento en que as partes sexan notificadas deste auto. Se algunha das partes interesadas nestas actuacións xa presentou, preparou ou anunciou o pertinente recurso contra a resolución aclarada, corrixida, emendada ou complementada, a súa actuación repútase válida para todos os efectos, sen prexuízo de que, á vista deste auto, poida completala no prazo que con el se abre.

E, para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma Adega do Emilio, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na avda. das Caldas, 11, baixo, de Ourense, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de xuño de 2015

A secretaria xudicial