Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5307/2014 CRS
Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 143/2013 do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra
Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social
Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (provincial)
Recorrido: Mutua Asepeyo
Avogada: Cristina Gloria González de la Rasilla
Procurador: Fax 981 12 84 55
Recorrido: Construcciones Generales Rodríguez, S.L.
M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 5307/2014 desta sección, seguido por instancia de Mutua Asepeyo, contra Instituto Nacional da Seguridade Social e Construcciones Generales Rodríguez, S.L., sobre incidentes de execución, se ditou a seguinte resolución:
Decidimos: que desestimamos o recurso de suplicación formulado polo Instituto Nacional da Seguridade Social fronte ao auto de 8/1014 ditado polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra na execución 143/2013 seguida por instancia da Mutua Asepeyo fronte ao recorrente, Construcciones Generales Rodríguez, S.L. e Virgilio Gregory Hernández López, resolución que se mantén na súa integridade.
Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:
– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.
– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.
– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).
Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.
Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
Para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Generales Rodríguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 25 de xuño de 2015
A secretaria xudicial