Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1574/2015 CRS
Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 883/2014 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela
Recorrente: Fogasa
Avogado: letrado Estado
Recorrida: Ana María Falque Tapia
Avogado: Miguel Blanco Pérez
Recorrida: Pescados Juan Fernández, S.L.
M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 1574/2015 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:
Decidimos:
Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), contra a sentenza do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, do 15 de xaneiro de 2015, recaída nos autos 883/2014, seguidos por instancia da traballadora Ana María Falque Tapia, en reclamación por despedimento obxectivo individual, debemos confirmar e confirmamos integramente a dita sentenza.
Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:
– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.
– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.
– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila na conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).
Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.
Así por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
Para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L., con último domicilio coñecido en Porto Pesqueiro de Aguiño, 15965, Porto de Aguiño, Ribeira, A Coruña, expido este edicto para a súa inserción no DOG.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 6 de xullo de 2015
A secretaria xudicial