M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 988/2014 desta sección, seguido por instancia do Concello de Santiago de Compostela (A Coruña) contra Fogasa, Arasti Barca Ma, S.L., Infantilandia, S.L., Evenculsa, S.L., Matilde Pérez Fernández Pintado, Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L., sobre cesión ilegal, se ditou a seguinte resolución:
Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo Concello de Santiago de Compostela contra a sentenza do 31.7.2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela no procedemento 446/2011, sobre recoñecemento de dereito e cantidades, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.
Procede declarar a perda do depósito constituído para impugnar. Impóñenselle as custas ao recorrente, que é condenado ao aboamento dos honorarios do letrado impugnante do recurso na contía de 550 euros.
Respecto dos aseguramentos prestados, mantéñanse estes ata o cumprimento da resolución impugnada ou que en execución de sentenza se acorde o procedente.
Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.
Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:
– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.
– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.
– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).
Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
Para que así conste para efectos de publicación no DOG, co fin de que lles sirva de notificación en forma ás empresas Infantilandia, S.L., Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L. e Evenculsa, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.
A Coruña, 10 de xullo de 2015
A secretaria xudicial