Familia garda, custodia e alimentos fillo menor non matri. non C. 144/2014
Sobre alimentos provisionais
Demandante: Dalia Elizabeth Lorenzo Luciano
Procuradora: Patricia Cabido Valladar
Avogado: José Fernando Area Torres
Demandado: Luis Alberto Lorenzo Figuereo
Gema Antolín Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de familia, garda, custodia e alimentos, fillo menor non matri. non C. 144/2014 deste xulgado de primeira instancia, seguidos por instancia de Dalia Elizabeth Lorenzo Luciano contra Luis Alberto Lorenzo Figuereo, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:
«Decido:
Estimo a demanda interposta pola procuradora Patricia Cabido Valladar en nome e representación de Dalia Elizabeth Lorenzo Luciano contra Luis Alberto Lorenzo Figuereo en rebeldía procesual e con intervención do Ministerio Fiscal, acordando a adopción das seguintes medidas:
1. A filla menor, Carmen Dalia, continuará baixo a garda e custodia da nai, Dalia Elizabeth Lorenzo Luciano, á cal se lle atribúe o exercicio exclusivo da patria potestade, mantendo a titularidade da patria potestade en ambos os dous proxenitores.
2. Non se establece réxime de visitas a favor do pai, sen prexuízo de ulterior establecemento se o pai o solicita e resulta acreditado que iso redunda en beneficio da menor.
3. Luis Alberto Lorenzo Figuereo deberá aboar en concepto de pensión de alimentos aos dous fillos da parella (Luis Alberto e Carmen Dalia) a suma de 120 euros ao mes, por cada un deles, que o pai deberá satisfacer dentro dos cinco primeiros días de cada mes, mediante ingreso na conta corrente designada pola nai. Esta cantidade revalorizarase anualmente elevándose na mesma proporción que experimente o índice de prezos de consumo que publica periodicamente o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa; a primeira elevación producirase ao ano da entrada en vigor destas medidas.
Respecto dos gastos extraordinarios dos fillos, serán aboados por metade por ambos os dous proxenitores; considéranse como tales os médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social.
Dada a natureza do presente procedemento non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.
Notifíqueselles esta resolución en forma legal ás partes e ao Ministerio Fiscal, ás cales se lles advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, que se substanciará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.
Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia, de conformidade coa autoridade que me confire a Constitución de 1978 e a Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo».
Para que sirva de notificación en legal forma a Luis Alberto Lorenzo Figuereo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Pontevedra, 11 de decembro de 2014
A secretaria xudicial