Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31816

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (395/2015).

Marta de la Rubia Almuiña, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, fago saber que neste órgano xudicial se segue o procedemento de expediente de dominio, reiniciación do tracto e inscrición do exceso de cabida 395/2015 por instancia de Emilia Luisa Fernández Fernández expediente de dominio dos seguintes terreos:

Terreo rexistral 4964, situado na rúa Santo Cristo nº 6, inscrita no Rexistro da Propiedade de Vigo nº 3, ao tomo 209, folio 229, anotación A, libro 48.

Polo presente e en virtude do acordado en resolución desta data convócaselles ás persoas ignoradas ás cales puidese prexudicar a inscrición solicitada para que no termo dos dez días seguintes á publicación deste edicto poidan comparecer no expediente alegando o que ao seu dereito conveña.

Vigo, 29 de maio de 2015

A secretaria xudicial