María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Carlos Rodríguez Míguez e Daniel García Salado contra a empresa Turcividanes, S.L., sobre cantidade se ditou parte dispositiva na seguinte resolución que di o seguinte:
«Decido que, estimando en parte a demanda interposta polos demandantes Alberto Carlos Rodríguez Míguez e Daniel García Salado, con intervención do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Turcividanes, S.L. a que aboe aos demandantes a seguinte cantidade: 4.763,85 € a favor do señor Rodríguez e 5.556,08 € a favor do Sr. García.
Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade, 1532 0000 60 1219 12.
E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.
Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
Publicación. Eu, secretaria xudicial, expídoa para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, redáctese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».
E, para que sirva de notificación a Turcividanes, S.L., en legal forma, expido a presente para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.
A Coruña, 10 de xullo de 2015
A secretaria xudicial