Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31819

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (222/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 222/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía Paz López contra Mundo Dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L., e Fogasa, sobre ordinario, se ditou esta disposición no auto seguinte:

«Dispoño:

Examinada de feito a sentenza apréciase a necesidade de aclarala no sentido que a continuación se di:

“... Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 222/2013 sendo parte neste, dun lado, como demandante, Lucía Paz López, que comparece asistida do letrado Daniel Pérez López e, como demandados, Mundo Dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L. que non comparece, sobre cantidade, pronunciou en nome da súa maxestade o rei a seguinte sentenza…” e

“Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Lucía Paz López, debo condenar e condeno a empresa Mundo Dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 1.147,17 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo ….”, quedando o resto do seu contido nos mesmos termos.

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza.

O maxistrado xuíz».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mundo Dos Fatos-Comercio de Vestuario, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xuño de 2015

A secretaria xudicial