Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 31937

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 22 de abril de 2015.

A Orde do 22 de abril de 2015 regula a convocatoria e a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega (Diario Oficial de Galicia núm. 79, do 28 de abril).

Logo de ver os informes-proposta formulados pola comisión constituída ao abeiro do artigo 15 da dita convocatoria e polo órgano instrutor que recolle o artigo 13, e en virtude das facultades que me confire a disposición adicional da Orde do 25 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro. A concesión de axudas, na contía que se indica, aos proxectos relacionados no anexo. Nesta relación inclúense tamén as propostas que non se subvencionan polos motivos que aparecen baixo a epígrafe correspondente, de acordo cos criterios establecidos na Orde do 22 de abril de 2015.

Segundo. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística publicará na súa páxina web, no enderezo www.xunta.es/linguagalega , a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Así mesmo, en cumprimento do disposto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a secretaría xeral fará públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións concedidas, así como ás sancións impostas aos beneficiarios.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de acordo co establecido na disposición adicional da Orde do 25 de xaneiro de 2012, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2015

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

ANEXO

Número de expediente

Entidade

Modalidade

Importe

Motivo de denegación

2015/000001-0

Concello de Ribadavia

Programas de dinamización

2.003,00 €

2015/000002-0

Concello de Boqueixón

Mantemento do servizo lingüístico

5.365,00 €

2015/000003-0

Concello de Fene

Programas de dinamización

1.645,00 €

2015/000004-0

Concello de Arteixo

Mantemento do servizo lingüístico

4.721,00 €

2015/000005-0

Concello de Arzúa

Programas de dinamización

1.359,00 €

2015/000006-0

Concello de Outeiro de Rei

Programas de dinamización

1.931,00 €

2015/000007-0

Concello de Vila de Cruces

Programas de dinamización

1.466,00 €

2015/000008-0

Concello de Cangas

Programas de dinamización

1.717,00 €

2015/000009-0

Concello de San Sadurniño

Programas de dinamización

572,00 €

2015/000010-0

Concello de Narón

Mantemento do servizo lingüístico

3.648,00 €

2015/000011-0

Concello de Camariñas

Programas de dinamización

644,00 €

2015/000012-0

Concello de Padrón

Programas de dinamización

1.931,00 €

2015/000013-0

Concello de Muxía

Programas de dinamización

1.717,00 €

2015/000014-0

Concello de Muros

Mantemento do servizo lingüístico

3.648,00 €

2015/000015-0

Concello de Vilaboa

Programas de dinamización

1.431,00 €

2015/000016-0

Concello de Carnota

Mantemento do servizo lingüístico

3.720,00 €

2015/000017-0

Mancomunidade de Municipios de Ordes

Mantemento do servizo lingüístico

6.967,00 €

2015/000018-0

Concello do Pereiro de Aguiar

Programas de dinamización

2.146,00 €

2015/000019-0

Concello de Dumbría

Mantemento do servizo lingüístico

4.471,00 €

2015/000020-0

Concello de Outes

Mantemento do servizo lingüístico

3.863,00 €

2015/000021-0

Concello de Moaña

Mantemento do servizo lingüístico

4.649,00 €

2015/000022-0

Concello de Vilalba

Mantemento do servizo lingüístico

4.936,00 €

2015/000023-0

Concello de Monterroso

Creación dun servizo lingüístico

4.506,00 €

2015/000024-0

Concello do Barco de Valdeorras

Programas de dinamización

2.074,00 €

2015/000025-0

Concello da Coruña

Mantemento do servizo lingüístico

5.150,00 €

2015/000026-0

Concellos de Boimorto, Sobrado e Mesía

Mantemento do servizo lingüístico

4.928,00 €

2015/000027-0

Concello de Vedra

Programas de dinamización

2.146,00 €

2015/000028-0

Concello de Brión

Programas de dinamización

1.645,00 €

2015/000029-0

Concello de Ribeira

Mantemento do servizo lingüístico

5.579,00 €

2015/000030-0

Concello de Cotobade

Programas de dinamización

1.645,00 €

2015/000031-0

Concellos de Miño e Vilarmaior

Mantemento do servizo lingüístico

4.561,00 €

2015/000032-0

Concello de Vilagarcía de Arousa

Mantemento do servizo lingüístico

5.007,00 €

2015/000033-0

Concello de Bergondo

Programas de dinamización

2.146,00 €

2015/000034-0

Concello de Ponteareas

Mantemento do servizo lingüístico

3.898,00 €

2015/000035-0

Concello de Carballo

Mantemento do servizo lingüístico

3.684,00 €

2015/000036-0

Concellos de Barbadás e Toén

Programas de dinamización

1.970,00 €

2015/000037-0

Concello de Val do Dubra

Mantemento do servizo lingüístico

3.505,00 €

2015/000038-0

Concello de Carral

Mantemento do servizo lingüístico

3.576,00 €

2015/000039-0

Concello do Pino

Programas de dinamización

644,00 €

2015/000040-0

Concello de Malpica de Bergantiños

Programas de dinamización

2.003,00 €

2015/000041-0

Concello de Teo

Mantemento do servizo lingüístico

4.864,00 €

2015/000042-0

Concello de Santa Comba

Mantemento do servizo lingüístico

3.863,00 €

2015/000043-0

Concello de Abegondo

Mantemento do servizo lingüístico

4.292,00 €

2015/000044-0

Concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, San Xoán de Río e A Teixeira

Creación dun servizo lingüístico

2.573,00 €

2015/000045-0

Concello de Silleda

Programas de dinamización

1.645,00 €

2015/000046-0

Concello de Lalín

Programas de dinamización

1.717,00 €

2015/000047-0

Concello do Carballiño

Mantemento do servizo lingüístico

4.721,00 €

2015/000048-0

Concello das Pontes de García Rodríguez

Mantemento do servizo lingüístico

2.504,00 €

2015/000049-0

Concello de Betanzos

Mantemento do servizo lingüístico

4.614,00 €

2015/000050-0

Concello de Cospeito

Programas de dinamización

1.931,00 €

2015/000051-0

Concello de Ourense

Mantemento do servizo lingüístico

6.008,00 €

2015/000052-0

Concello de Boiro

Mantemento do servizo lingüístico

4.435,00 €

2015/000053-0

Concello de Pontevedra

Mantemento do servizo lingüístico

4.220,00 €

2015/000054-0

Concello da Baña e Negreira

Mantemento do servizo lingüístico

5.635,00 €

2015/000055-0

Concellos de Carballedo, San Cristovo de Cea e Chantada

Creación dun servizo lingüístico

0,00 €

Artigo 10.1 do Decreto 11/2009 do Regulamento de subvencións de Galicia

2015/000056-0

Concello de Xove

Programas de dinamización

2.074,00 €

2015/000057-0

Concello de Ames

Mantemento do servizo lingüístico

4.506,00 €

2015/000058-0

Concello do Grove

Mantemento do servizo lingüístico

5.365,00 €

2015/000059-0

Concello de Bueu

Programas de dinamización

2.217,00 €

2015/000060-0

Concellos de Melide, Santiso, Toques e Palas de Rei

Mantemento do servizo lingüístico

5.408,00 €

2015/000061-0

Concello de Ponteceso

Mantemento do servizo lingüístico

4.149,00 €

2015/000062-0

Concello de Redondela

Mantemento do servizo lingüístico

4.721,00 €

2015/000063-0

Concello de Laxe

Programas de dinamización

1.717,00 €

2015/000064-0

Concello de Marín

Programas de dinamización

1.645,00 €

2015/000065-0

Concello de Valga

Mantemento do servizo lingüístico

3.863,00 €

2015/000066-0

Concello de Cee

Mantemento do servizo lingüístico

3.433,00 €

2015/000067-0

Concello de Vimianzo

Programas de dinamización

715,00 €

2015/000068-0

Concello de Cambados

Programas de dinamización

1.967,00 €

2015/000069-0

Concello da Cañiza

Mantemento do servizo lingüístico

3.863,00 €

2015/000070-0

Concello de Ferrol

Mantemento do servizo lingüístico

0,00 €

Artigo 10.1 do Decreto 11/2009 do Regulamento de subvencións de Galicia

2015/000071-0

Concello de Neda

Programas de dinamización

1.502,00 €

2015/000072-0

Concello de Cerceda

Programas de dinamización

2.003,00 €

2015/000073-0

Concello da Veiga

Programas de dinamización

0,00 €

Artigo 1

2015/000074-0

Concellos de Piñor e Maside

Programas de dinamización

1.697,00 €

2015/000075-0

Concellos da Pobra de Trives e Manzaneda

Creación dun servizo lingüístico

0,00 €

Artigo 9.4

2015/000076-0

Concello de Oleiros

Mantemento do servizo lingüístico

5.079,00 €

2015/000077-0

Concello de Mos

Programas de dinamización

1.717,00 €

2015/000078-0

Concellos de Castrelo de Miño e A Bola

Creación dun servizo lingüístico

0,00 €

Artigo 1

2015/000079-0

Concello de Cuntis

Programas de dinamización

1.645,00 €

2015/000080-0

Concellos de Rois e Dodro

Mantemento do servizo lingüístico

5.326,00 €

2015/000081-0

Concello de Coles

0,00 €

Artigo 9.4

2015/000082-0

Concello de Vigo

Mantemento do servizo lingüístico

4.149,00 €