Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32055

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de xullo de 2015 pola que se fai pública a relación de persoal docente que obtivo destino definitivo no proceso de adscrición regulado pola Orde do 8 de xuño de 2015, pola que se desenvolve o Decreto 50/2015, do 26 de marzo, polo que se crea un instituto de educación secundaria no concello de Culleredo.

Mediante o Decreto 50/2015, do 26 de marzo, créase o instituto de educación secundaria de Culleredo, por desagregación do IES Eduardo Blanco Amor da mesma localidade, con capacidade para 12 unidades de educación secundaria obrigatoria e 4 unidades de bacharelato. Este decreto é obxecto de desenvolvemento pola Orde do 8 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 112, do 16 de xuño).

O artigo 6 da Orde do 8 de xuño de 2015 establece que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicará no Diario Oficial de Galicia a relación do persoal docente que queda adscrito con carácter definitivo ao instituto de educación secundaria de Culleredo, código 15032935.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Facer pública, en aplicación do artigo 6 da Orde do 8 de xuño de 2015 e como anexo a esta orde, a relación de profesorado que obtén destino definitivo no instituto de educación secundaria de Culleredo, código 15032935.

Segundo. De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 8 de xuño de 2015, o persoal funcionario docente, adscrito con carácter definitivo na presente orde, manterá, para todos os efectos de antigüidade no novo centro, a xerada no seu centro de orixe.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, o persoal interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

DNI

Apelido 1

Apelido 2

Nome

Corpo

76700509V

Fernández

Yáñez

Benxamín

Mestre

76399088B

Garrote

García

Mercedes

Mestre

32797858L

Vera

Domínguez

Carlos

Mestre

32768937D

Caamaño

Abeijón

Pilar

PES

76514279H

Fernández

Rodríguez

María Esther

PES

32812899H

Fraga

Rodríguez

Mónica

PES

76346910C

Loriga

Tomé

Rosa

PES

34942828D

Menéndez

Villalva

Alicia

PES

36063363F

Morenza

Blanco

Dolores

PES

34251747D

Tutor

Lemos

María del Carmen

PES