Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32231

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 27 de xullo de 2015 pola que se modifica a Orde do 5 de maio de 2014 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pemento de Oímbra e do seu consello regulador, e se nomea o Consello Regulador provisorio.

Por Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 5 de maio de 2014, aprobouse o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pemento de Oímbra e do seu consello regulador, e nomeouse o Consello Regulador provisorio.

En reunión do Pleno deste consello regulador, que tivo lugar o pasado día 19 de xuño acordouse propor á Consellería do Medio Rural unha modificación da composición deste órgano, tras a renuncia dunha persoa que ocupaba unha das vogalías.

De acordo co anterior, e co disposto no artigo artigo 4 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,

DISPOÑO:

Artigo único. Modifícase o artigo 2 da Orde do 5 de maio de 2014, da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Pemento de Oímbra e do seu consello regulador, e se nomea o consello regulador provisorio, que queda redactado da seguinte maneira:

«Artigo 2. Nomeamento do Consello Regulador provisorio

Noméase, por proposta do sector, o Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Pemento de Oímbra, con carácter provisorio ata que se celebren eleccións na forma determinada pola normativa vixente.

Queda formado polos membros seguintes:

Presidenta: Milagros Prada Pardo.

Vogais:

Josefa Álvarez Araújo.

Cesáreo Estévez Pardo.

José Pedro Santana Salgado.

Odilo Pino Salgado.

Celso Prada Pardo.».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar