Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32267

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (16/2014).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 16/2014 AL, seguido por instancia de BMW Bank GmbH, sucursal en España, contra Clave Rehabilitación, S.L., Santiago Lodos Fernández, sobre reclamación de cantidade en que se ditou sentenza con data do 27 de novembro de 2014.

Da dita sentenza os interesados poderán ter coñecemento íntegro na secretaría deste xulgado.

A resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días, contados a partir desta publicación, que deberá interpoñerse neste xulgado.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados Clave Rehabilitación, S.L. e Santiago Lodos Fernández e para que sirva de notificación en forma por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto.

A Coruña, 12 de decembro de 2014

A secretaria xudicial